Ardec-INTIC: aplicación para o rexistro de coñecementos do proxecto IN-TIC.


Aplicación informática cuxo obxectivo é facilitar aos profesionais o acceso á información dos usuarios obtida a través de diferentes ferramentas de avaliación, así como a súa extracción

Estado de protección da tecnoloxía

Rexistro de software con número de asento: 03/2011/1671

Descrición

Esta ferramenta foi deseñada para informatizar diferentes escalas de avaliación co fin de poder rexistrar e obter información dixitalmente. Consta dun rexistro para garantir a confidencialidade dos datos dos usuarios, por medio dun nome e un contrasinal. Unha vez superada a validación, pódese acceder aos diferentes tests vinculados á aplicación e modificalos ou eliminalos.

A aplicación tamén conta con outro apartado onde se amosa unha lista dos usuarios rexistrados, a cuxos datos de interese e historial de todas as escalas realizadas se pode ter acceso. Ademais, Ardec-INTIC permite modificar, eliminar ou dar de alta usuarios. Así mesmo, é posible xestionar todos os datos almacenados e exportalos a Microsoft Excel para analizalos. Así, esta ferramenta permite obter os datos de tests validados e recoñecidos pola comunidade científica e profesional dunha maneira máis sinxela.

Grupo de investigación

    • Tecnoloxía Aplicada á Investigación en Ocupación, Igualdade e Saúde
    • (TALIONIS)

Responsable

  • Javier Pereira Loureiro

Contacta con nós

Última actualización

2020-04-02