Asesoramento lingüístico para a internacionalización da actividade empresarial e profesional


Asesoramento e redacción de solicitudes europeas, presentación de produtos, resultados,  comunicación empresarial.

Que buscamos?

Empresas, institucións, grupos de investigación ou investigadores individuais interesados neste servizo.

Facultade de Filoloxía

Descrición

Ofrécese auditoría lingüística e/ou redacción de textos mercantís diversos para o seu uso no ámbito empresarial. Traballamos con tres linguas: galego, castelán e inglés.

Ofrécese tamén formación e asesoramento sobre habilidades comunicativas e presentacións para a actividade empresarial e científica. Do mesmo xeito, proporcionase formación sobre relacións interculturais que facilitan a promoción da actividade empresarial en cada caso.

Existe a posibilidade de traballar con outras linguas.

Valores engadidos

Os profesionais encargados deste servizo son lingüistas post-graduados con coñecemento das linguas de traballo, así como de diversas estratexias comunicativas derivadas dos seus estudos e investigación sobre análise do discurso, unha das ramas da Lingüística.

Aplicacións por sector

Unha das vantaxes da mediación lingüística e cultural é que facilita que os receptores comprendan con claridade a nosa mensaxe. No caso das empresas implica a aproximación do produto que queiran presentar. No caso da comunidade científica contribúe a fomentar a visibilidade do traballo realizado.

En moitas ocasións tanto os produtos coma os saberes non son diseminados axeitadamente porque se carece das habilidades comunicativas e dos coñecementos necesarios sobre a cultura e os costumes dos receptores aos que nos diriximos.

A documentación e materiais cos que se traballe serán tratados con toda a confidencialidade esperable nestes casos e de acordo á lexislación sobre protección de datos en vigor.


Cultura e educación

Grupo de investigación

    • Research Group for Multidimensional Corpus-Based Studies in English
    • (MUSTE)

Responsable

  • Begoña Crespo
  • Luis Puente Castelo
  • Anabella Barsaglini Castro
  • Leidamaria Monaco

Contacta con nós

Última actualización

2019-06-18