Buscador ontolóxico intelixente para recuperar información médica de fontes heteroxéneas, REGSALUD.


Desenvolveuse un buscador ontolóxico intelixente que recupera información médica fiable e actualizada procedente de páxinas e servizos web.

Estado de protección da tecnoloxía

Rexistro de software.

Que buscamos?

Búscanse empresas interesadas na licenza desta tecnoloxía.

Descrición

O buscador recibe como parámetro de entrada un concepto médico e devolve os resultados encontrados en formato XML.

Para obter información das diferentes fontes utilízase o padrón envoltura/mediador (wrapper/mediator), que permite integrar información grazas a un programa intermediario (middleware) dividido nestas dúas partes:

  1. Por un lado, existe unha envoltura que se sitúa sobre cada fonte e actúa como un software que transforma os datos da devandita fonte nun modelo de datos común a todas elas.
  2. E, polo outro, existe un mediador que se encarga de recoller unha consulta do usuario, descompoñela en subconsultas, dirixir cada unha delas á fonte de información correspondente, recoller os resultados das consultas individuais e integralos.

Ademais, o sistema presentado mellórase grazas ao uso dun tradutor, a realización de consultas á ontoloxía médica UMLS (unified medical language system) e o desenvolvemento dun repositorio de información.

Valores engadidos

En primeiro lugar, co obxectivo de ofrecer un conxunto de resultados máis completo, o termo introducido como parámetro de entrada é traducido, e consúltase UMLS para obter sinónimos, subtipos e conceptos estreitamente relacionados con el. Deste modo, as buscas non se limitan á palabra introducida nin ao idioma en que está escrita.

En segundo lugar, para reducir os tempos de resposta, emprégase un repositorio de información, en que se almacenan, durante un período de tempo configurable, os resultados localizados. Desta forma, se varios usuarios consultan o mesmo concepto nun período próximo no tempo, os resultados devólvense de forma máis rápida, posto que xa están almacenados no repositorio, e por tanto non é necesario realizar de novo as buscas nas fontes.

Aplicacións por sector

Saúde e benestar

Grupo de investigación

    • Redes de Neuronas Artificiais e Sistemas Adaptativos-Informática Médica e Diagnóstico Radiolóxico
    • (RNASA-IMEDIR)

Responsable

  • Marcos Gestal Pose
  • Alba Cabarcos Bermúdez
  • Julián Dorado de la Calle
  • Alejandro Pazos Sierra
  • Juan R. Rabuñal Dopico

Contacta con nós

Última actualización

2020-03-10