Fishpath: aplicación informática web de deseño de escalas de peixes de fenda vertical.


A aplicación informática desenvolvida analiza a eficiencia dun modelo de escala de peixes de fenda vertical de acordo con criterios biolóxicos, alén de avaliar o axuste entre as propiedades hidrodinámicas da escala e as necesidades das especies obxectivo.

Estado de protección da tecnoloxía

Rexistro software

Que buscamos?

Búscanse empresas interesadas na licenza desta tecnoloxía.

Descrición

As escalas de fenda vertical son estruturas hidráulicas que permiten a migración dos peixes a través de obstáculos en ríos. A aplicación informática que creamos analiza a eficiencia do devandito tipo de estruturas de acordo con criterios hidrobiolóxicos. Trátase dunha ferramenta de deseño que relaciona as características hidrodinámicas das escalas de peixes de fenda vertical cos requisitos das distintas especies obxectivo. Así, os técnicos involucrados no seu deseño poden aplicar de forma sistemática criterios hidrobiolóxicos, que incorporan os resultados das investigacións máis recentes neste campo.

Tendo en conta a complexidade dos fenómenos hidráulicos e biolóxicos involucrados, non se pretende determinar un deseño de escala óptimo, senón que se busca establecer criterios de comparación obxectivos que incorporen aspectos tanto hidráulicos como biolóxicos.

Figura 1. Configuración xeométrica dos deseños tipo incluídos na aplicación.

Figura 2. Entrada de datos na aplicación.

Figura 3. Exemplo de saída da aplicación. O deseño considérase adecuado, xa que cumpre todos os criterios.

Valores engadidos

A aplicación pode ser utilizada para a análise dunha escala de peixes xa existente ou no proceso de deseño dunha nova. Permite ao usuario escoller entre un amplo rango de dimensións xeométricas para as piscinas e a fenda, e, así mesmo, entre dúas familias de peixes: os salmónidos e os ciprínidos. A interface está dividida en dúas pestanas, denominadas (1) Resultados validados y (2) Resultados de investigación.

Os resultados validados correspóndense cos ensaios biolóxicos realizados na escala de peixes de fenda vertical do Laboratorio de Hidráulica do Centro de Estudos Hidrográficos do Centro de Estudos e Experimentación de Obras Públicas (CEH-CEDEX) en colaboración coa Universidade da Coruña. A pestana Resultados validados permite traballar, daquela, sobre o deseño concreto en que se desenvolveron os ensaios no CEH-CEDEX Neste caso, o tipo de deseño (modelo de piscina) é fixo e igual ao ensaiado. No caso dos resultados de investigación, é posible escoller entre catro tipos xenéricos de deseños de escalas de peixes.

Aplicacións por sector

Acuicultura e pesca
Medio ambiente

Grupo de investigación

    • Enxeñaría da Auga e do Medio Ambiente
    • (GEAMA)
    • Redes de Neuronas Artificiciais e Sistemas Adaptativos - Imaxen Médica e Diagnóstico Radiolóxico
    • (RNASA-IMEDIR)

Responsable

  • María bermudez pita
  • Juan ramón rabuñal dopico
  • jerónimo puertas agudo
  • Angel josé rico diaz
  • Alvaro rodriguez tajes

Contacta con nós

Última actualización

2020-04-06