Forxado mixto de madeira e formigón


Solución de forxado mixto de madeira e formigón, lixeira e ecoeficiente, adecuada para o seu uso con luces medias ou elevadas, o que fornece unha maior separación entre os elementos portantes verticais.

Estado de protección da tecnoloxía

Presentouse unha solicitude de patente.

Que buscamos?

Búscanse empresas interesadas na licenza desta tecnoloxía.

ETS de Arquitectura

Descrición

Forxado mixto de madeira e formigón que comprende cando menos un nervio executado en madeira ou en produtos derivados da madeira e unha lousa superior de formigón feita in situ. Os nervios conteñen unha pluralidade de ecos pasantes transversais configurados para recibir o formigón da lousa superior, de forma que se produza unha unión eficaz de ambos os materiais.

A conexión madeira-formigón realízase exclusivamente a través da interacción entre os dous materiais, sen que se necesite dispoñer conectores metálicos adicionais ou empregar adhesivos estruturais para garantir a transferencia de esforzos entre os dous materiais que compoñen a sección mixta.

Este forxado mixto de madeira e formigón pode abranguer adicionalmente unha lousa inferior de madeira laminada en que se aloxarán os nervios e na cal, así mesmo, é posible incluír un aloxamento para un tendón de tensionamento. Na solución con lousa inferior de madeira laminada disponse dun elemento intermedio alixeirante constituído por un taboleiro curvado ou por bloques alixeirantes dun material para elixir entre cerámicos, poliestireno, cartón ou unha combinación dos anteriores.


Seccións transversal e lonxitudinal do elemento prefabricado


Sección transversal do forxado mixto completo


Prototipo de elemento prefabricado con tendón de tensionamento

Valores engadidos

  1. Solución estrutural de elevada ecoeficiencia desde o punto de vista do impacto ambiental e a sustentabilidade.
  2. Solución de forxado moi lixeira que permite conseguir elevados cantos con reducido peso propio.
  3. O emprego dunha sección mixta cunha lousa superior de formigón de reducido espesor permite que se melloren de forma substancial a rixidez no plano, o monolitismo e o comportamento global fronte a vibracións. Así mesmo, mellórase o illamento acústico.
  4. Permite incorporar armaduras dentro da lousa de formigón, o que posibilita efectuar pezas en continuidade ou o emprego de unións semirríxidas nos apoios. Isto redunda nun incremento substancial da eficacia do tipo estrutural.
  5. Permite incorporar tendóns de tensionamento de forma fácil, os cales quedan ademais protexidos fronte ao lume.
  6. A solución mixta cunha capa inferior continua de madeira laminada e superior de formigón fornece unha elevada resistencia ao lume. A madeira pode quedar á vista prescindindo de elementos adicionais de protección.
  7. A solución posibilita o uso de elementos de conexión ou apoio compatibles coas ferraxes estandarizadas existentes no mercado. Estas, ademais, quedan ocultas, o que ten efectos beneficiosos de tipo estético e na protección contra o lume.

Aplicacións por sector

Esta invención refírese a un forxado mixto de madeira e formigón que pertence ao sector da construción, en concreto ao campo técnico da execución de estruturas. Máis especificamente, inclúese no ámbito das estruturas mixtas de madeira e formigón, co obxecto de conseguir forxados de elevadas prestacións axeitados para o seu uso en situacións de elevadas luces e cargas.


Construción e enxeñaría civil

Grupo de investigación

    • Grupo de Estructuras Arquitectónicas
    • ((GEA))

Responsable

  • Francisco Javier Estévez Cimadevila
  • Emilio Martín Gutiérrez
  • Dolores Otero Chans
  • Félix Suárez Riestra
  • José Antonio Vázquez Rodríguez

Contacta con nós

Última actualización

2020-01-07