Foro de centros históricos


Software orientado á creación dun foro de centros históricos para as oficinas de rehabilitación nas cidades galegas.

Estado de protección da tecnoloxía

Con data do 25/05/2007 foi presentada unha solicitude de patente co número C-231-07

Descrición

Desenvolvemento do Foro de Centros Históricos en Internet, que intercomunica experiencias de rehabilitación das cidades e vilas de Galicia. Posibilítase así un dobre diálogo, entre os entes rehabilitadores de cada lugar e entre os cidadáns e o correspondente ente local.

Para conseguir que esta formulación funcione foi necesario crear unha tecnoloxía de fácil manexo que permitise un dialogo visual, cun xestor de contidos con que se pode crear as fichas que cada oficina xera para lles explicar aos cidadáns e demais oficinas de rehabilitación o seu labor e as súas preocupacións. Os cidadáns opinan e comentan sobres fichas concretas nun apartado especificamente dedicado aos comentarios.

Este foro deseñouse tamén para dar a todos aqueles que estudan e traballan sobre os centros históricos (arquitectos, historiadores, sociólogos, urbanistas e xeógrafos) un espazo para discutir o pasado, presente e futuro dos devanditos espazos, e comparar criterios. Así mesmo os cidadáns benefícianse dunha maior capacidade de entendemento dos procesos de rehabilitación, o que lles permite opinar con maior coñecemento.

Valores engadidos

O efecto que pretende conseguir a aplicación é xerar unha opinión pública máis cualificada respecto dos procesos de rehabilitación que teñen lugar na súa cidade ou vila, mais tamén posibilitar a comparación dos que se realizan en diferentes localizacións.

A participación da cidadanía é importante para coñecer a súa avaliación do traballo que se efectúa, as suxestións que poida ter sobre as propostas presentadas ou outras contribucións que poida facer (historia oral, por exemplo). Canto ao uso desta aplicación por parte das oficinas de rehabilitación, permitirá establecer vínculos novos coa poboación e entre elas.

Grupo de investigación

    • Grupo de Visión Artificial e Recoñecemento de Patróns
    • (VARPA)

Responsable

  • Manuel Francisco Gonzalez Penedo
  • Noelia Barreira Rodriguez

Contacta con nós

Última actualización

2020-04-02