Xestión do risco e creación de valor na empresa


A xestión do risco de crédito trata de dar unha solución, de buscar un prognóstico, a unha posible perda como consecuencia do incumprimento de obrigas contractuais. Durante os últimos anos traballamos na análise, a xestión e a predición do risco financeiro, con modelos que se deron a coñecer en revistas de ámbito internacional.

O resultado da nosa investigación amosou a fortaleza dos modelos de prognóstico do fallo financeiro. Neste sentido seguimos traballando, sen deixar de lado a información de auditoría e o seu impacto no fracaso empresarial. Doutra banda, diversificamos a nosa investigación ao campo das TIC, os cadros de mando, a simulación, a valoración de empresas, os derivados e a valoración de proxectos de investimento.

Estado de protección da tecnoloxía

Este servizo non é protexible.

Que buscamos?

O noso grupo ofrécese para colaborar na determinación temperá do fracaso empresarial, así como a investigación en todas as fontes de información que poidan facilitar o labor da xestión do risco de crédito. Colaboramos con terceiros externos á UDC na elaboración de información pericial contraditoria, en materia de custos do servizo de augas, a determinación de prezos do servizo de transporte urbano, a valoración de investimentos reais etc.

Facultade de Economía e Empresa

Descrición

Ofrécese asesoría de colaboración sobre os seguintes aspectos:

  • Xestión do risco de crédito
  • Métodos de previsión da insolvencia
  • Valoración de investimentos, opcións e derivados
  • Diagnóstico da calidade da xestión
  • Detección precoz de tensións financeiras
  • Cuantificación do risco de insolvencia a partir de información financeira
  • Valoración de empresas
  • Avaliación de investimentos intensivos en TIC
  • Modelos de planificación financeira e de programación matemática para a planificación financeira
  • Métodos para a avaliación de investimentos en TIC
  • Métodos para a avaliación de investimentos reais e financeiros
  • Métodos de simulación aplicados ás finanzas
  • Análises de opcións e derivados
  • Sistemas de información e a súa xestión

Palabras chave: sistemas de información; xestión de organizacións; optimización; simulación; xestión financeira; decisión; lóxica borrosa; análise de riscos; planificación financeira; optimización; simulación; instrumentos financeiros; mercados financeiros; selección de carteiras; renda fixa; renda variable; análise financeira.

Valores engadidos

Os modelos dispoñibles poden empregarse para diagnosticar a solvencia doutros axentes económicos, non só debedores de entidades financeiras, senón tamén provedores de servizos e produtos, mesmo participantes en concursos públicos. Así mesmo, permiten calibrar o risco de que un destes axentes poida incorrer nunha insolvencia temporal ou definitiva, e, por tanto, mitigar os danos económicos ou operacionais que se derivarían destas circunstancias.

Estes modelos operan con información pública, tanto financeira como doutra índole, de maneira que son aplicables a una ampla maioría de entidades e organizacións, calquera que for a súa dimensión e tipo de actividade.

Aplicacións por sector

Experiencia demostrada e demostrable nos seguintes tipos de estudos:

  • Análise e xestión do risco de crédito
  • Previsión da insolvencia mediante métodos e modelos contrastados
  • Métodos e modelos de análise económico-financeira
  • Valoración e viabilidade de proxectos de investimento
  • Simulación aplicada ás finanzas
  • Valoración de opcións financeiras, derivados e opcións reais
  • Métodos para a avaliación de investimentos en TIC

Ao longo dos últimos anos colaboramos con empresas e administracións públicas con estudos de diferente natureza. Entre elas podemos citar o Servizo Galego de Saúde (SERGAS), Caixa Galicia, a Empresa Municipal de Aguas de La Coruña (EMALCSA), a Compañía de Tranvías de La Coruña e os concellos da Coruña, Fene, Ares e Pontedeume.


Acuicultura e pesca
Agricultura e silvicultura
Alimentación
Construción e enxeñaría civil
Economía e finanzas
Enerxía e desenvolvemento sostible
Produción industrial
Sector naval
Servizos públicos
TIC

Grupo de investigación

    • Dirección Financeira e Sistemas de Información para a Xestión
    • (FYSIG)
    • Universitat de Barcelona

Responsable

  • Pablo de Llano Monelos
  • Carlos Piñeiro Sánchez
  • Manuel Rodríguez López
  • Ramón Miñones Crespo
  • Antonio David Somoza López

Contacta con nós

Última actualización

2019-06-20