Herramienta para la estimación de la agudeza visual en imágenes de OCT-A.


Ferramenta para a estimación da agudeza visual en imaxes de OCT-A.

Estado de protección da tecnoloxía

Rexistro de software.

Que buscamos?

Rexistro de software.

Descrición

Trátase dun software de apoio ao diagnóstico e ao seguimento en oftalmoloxía, baseado no tratamento de imaxes de anxiografía por tomografía de coherencia óptica (OCT-A), que permite extraer os biomarcadores da zona avascular foveal e da densidade vascular foveal para estimar automaticamente a agudeza visual do paciente.

Valores engadidos

Grazas a unha correcta detección e medición dos parámetros mencionados os expertos poden detectar ou realizar o seguimento dun gran número de patoloxías, como por exemplo a retinopatía diabética ou a oclusión da vea retiniana.

Co uso deste software, ademais, tense a vantaxe de contar cunha medición instantánea, repetible e determinista da agudeza visual do paciente, que fai innecesarias outras probas clínicas.

Aplicacións por sector

A principal funcionalidade do software é proporcionar eficiencia e reproducibilidade ao experto. A eficiencia fai posible procesar unha maior cantidade de imaxes en menos tempo, mentres que a reproducibilidade garante o determinismo no resultado.


Saúde e benestar

Grupo de investigación

    • Grupo de Visión Artificial e Recoñecemento de Padróns (VARPA)
    • (VARPA)

Responsable

  • González Penedo, Manuel Francisco
  • Ortega Hortas, Marcos
  • Barreira Rodríguez, Noelia
  • Barreira Rodríguez, Noelia
  • Rouco Maseda, José
  • Díaz González, Macarena

Contacta con nós

Última actualización

2020-03-02