M-PL: ferramenta para a definición automática de mapas da película lacrimal.


Software de apoio ao diagnóstico en oftalmoloxía baseado no tratamento de imaxes da superficie ocular.

Estado de protección da tecnoloxía

Rexistro de software.

Descrición

O software M-PL permite obter un mapa de distribución dos padróns de interferencia existentes nunha imaxe da capa lipídica da película lacrimal. Os devanditos padróns de interferencia están asociados ao grosor da capa lipídica e, por tanto, á evaporación da lágrima, polo que son útiles no diagnóstico do ollo seco.

Aplicacións por sector

Saúde e benestar

Grupo de investigación

    • Grupo de Visión Artificial e Recoñecemento de Padróns

Responsable

  • Manuel Francisco González Penedo
  • Marcos Ortega Hortas
  • Noelia Barreira Rodríguez
  • Beatriz Remeseiro Lopez

Contacta con nós

Última actualización

2020-04-06