Malla espacial de dobre capa despregable con articulacións bloqueables


Trátase dunha estrutura de malla espacial que pode ser pregada e despregada. O uso fundamental para o que se deseñou é o da arquitectura de emerxencia en grandes catástrofes, malia ser útil en calquera outro caso en que poida ser necesario transportar unha estrutura que vaia pregada para despregala rapidamente.

Estado de protección da tecnoloxía

Patente con número ES 2593270. Data de concesión: 12/09/2017.

Patente dispoñible en: http://hdl.handle.net/2183/20986

Que buscamos?

Búscanse empresas interesadas na licenza desta tecnoloxía.

Escola Técnica Superior de Arquitectura

Descrición

A invención consiste nun sistema que permite construír mallas espaciais de barras de dobre capa que poden ser pregadas e despregadas mantendo a súa forma final por medio de nós articulados bloqueables ou autobloqueables.

Supón unha importante mellora sobre os actuais sistemas de estruturas despregables baseados en armazóns de aspas móbiles ou feixes articulados sobre un punto central. Evita as importantes flexións que se producen nos devanditos sistemas, co que a estrutura resultante é moito máis lixeira, simple e económica, é dicir, máis eficaz.

Valores engadidos

As estruturas despregables que se idearon até o presente baséanse en módulos de feixes ou de aspas en que as barras se articulan sobre un nó central pasante. Esta disposición provoca fortes flexións que esixen grandes seccións e levan a unha maior deformación do conxunto estrutural. Tamén se propuxeron sistemas que precisan a desconexión de parte das barras coas articulacións durante o proceso de despregamento, o cal supón unha seria complicación.

Para evitar estes inconvenientes, a nosa invención parte dos módulos dunha malla espacial, é dicir, con articulacións só nos extremos das barras. Ademais, todas as barras se encontran conectadas aos nós en todo momento, antes, durante e tras o despregamento.

Aplicacións por sector

O seu uso fundamental correspondería á arquitectura de emerxencia en grandes catástrofes. Porén, pode ser útil en calquera outro caso en que sexa conveniente transportar unha estrutura pregada, para despregala rapidamente.


Construción e enxeñaría civil

Grupo de investigación

    • Grupo de Estruturas Arquitectónicas
    • (GEA)

Responsable

  • Juan Pérez Valcárcel
  • Manuel Muñoz Vidal
  • Félix Suárez Riestra
  • Isaac López César

Contacta con nós

Última actualización

2019-06-20