Medidor dixital da altura do tubérculo do escafoides


Dispositivo portátil para medir a altura do tubérculo do escafoides en dinámica con ou sen calzado.

Estado de protección da tecnoloxía

Foi presentada unha solicitude de patente con número de rexistro P4615ES00.

Que buscamos?

Búscanse empresas interesadas na licenza desta tecnoloxía para ser aplicada en estudos relacionados coa podoloxía, a actividade física e o rendemento.

Centro de Investigacións Científicas Avanzadas, Facultade de Enfermería e Podoloxía

Descrición

A invención da UDC permite obter valores da posición no plano saxital do tubérculo do escafoides en dinámica, polo que se cuantifica a pronación do mediopé do suxeito de estudo. Este dispositivo permite asociar os datos obtidos coa pronación detectada en cada paciente, así como cuantificar esta pronación dunha maneira totalmente obxectiva.

Os datos obtéñense mediante a utilización dun sensor inercial e dun sensor de presión que indica o inicio do paso. Os datos obtidos por ambos os sensores trátanse mediante interpolación numérica para calcular o valor da altura do escafoides.

Os estudos preliminares dos sensores botaron datos prometedores, cun ICC superior a 0,9 nas probas. Isto demostra a excelente confiabilidade das medicións realizadas.

Valores engadidos

O dispositivo elimina as principais desvantaxes das tecnoloxías existentes na actualidade que realicen unha función similar, grazas ás súas características:

a) Trátase dun dispositivo inocuo para o paciente

b) É portátil, e daquela pode empregarse en terreos abertos

c) Pode usarse co calzado habitual do suxeito

d) Ten un funcionamento totalmente automatizado nas medicións, o que evita a incorporación de posibles sesgos por parte do observador.


Imaxe 1. Ciclo do apoio do pé. ND conxunto de valores facilitados polos sensores


Imaxe 2. Posicionamento dos sensores no pé.

Os estudos preliminares dos sensores botaron datos prometedores, cun ICC superior a 0,9 nas probas. Isto demostra a excelente confiabilidade das medicións realizadas.

Aplicacións por sector

A utilización deste medidor posibilita obter táboas de valores para establecer os intervalos que poidan considerarse un factor de risco de determinadas patoloxías do membro inferior, así como comprobar o correcto funcionamento das órteses plantares do paciente. Doutro lado, no ámbito do deporte, pode facilitar datos para a mellora da técnica ou a detección de fatiga nos grupos musculares encargados do control da pronación do mediopé.

Tamén sería posible usalo para validar ou descartar determinadas modificacións nos zapatos (tacón de Thomas, entre outras) cuxa indicación sexa corrixir a pronación do pé.


Saúde e benestar

Grupo de investigación

    • Grupo de investigación Epidemiología Clínica

Responsable

  • María Macarena Varela Castro
  • Carolina Rosende Bautista
  • María Teresa Seoane Pillado

Contacta con nós

Última actualización

2019-06-18