Métodos innovadores de planificación enerxética e de selección, deseño e optimización de sistemas enerxéticos, con base en criterios de sustentabilidade integral


Estes métodos poden servir de axuda á administración e as empresas para realizaren a súa planificación estratéxica en materia de enerxía. Tamén para ser empregados nos proxectos de I+D+i que leven a cabo nestes campos.

Estado de protección da tecnoloxía

Trátase de métodos e resultados non susceptibles de protección.

Que buscamos?

Ofrécese este servizo á administración e ás empresas, como axuda na súa planificación enerxética. Tamén como axuda á hora de seleccionar, deseñar ou optimizar sistemas enerxéticos, de forma que cumpran con criterios de sustentabilidade.

Escola Politécnica Superior

Descrición

Este grupo estudou os diferentes medios de xeración de enerxía eléctrica e comparounos tendo en conta os aspectos ambientais, sociais, económicos e técnicos da sustentabilidade. Logo diso estableceu clasificacións aplicables á práctica totalidade de países e áreas xeográficas do planeta. Os métodos que empregou, unha parte dos cales son de desenvolvemento propio, tamén poden aplicarse a outros tipos de xeración de enerxía e, en xeral, a sistemas de calquera tipo que empreguen enerxía para o seu funcionamento.

A aplicación destes métodos serve tanto para a planificación enerxética nacional, autonómica e rexional como para a propia das empresas que producen ou consomen enerxía, con vistas a escoller a carteira de proxectos máis sustentables para cada caso. É útil tamén para comparar sistemas enerxéticos, co obxecto de escoller o máis sustentable, tanto cando existen varias opcións como cando se está a deseñar un novo sistema. Por último, o grupo desenvolveu unha metodoloxía para optimizar a sustentabilidade e aplicable a diversos sistemas enerxéticos.

Valores engadidos

Permite realizar unha planificación enerxética, ou seleccionar sistemas enerxéticos, deseñalos ou optimizalos, buscando minimizar o seu custo e impacto sobre o medio e maximizar o seu beneficio social, tendo en conta as restricións técnicas ou económicas aplicables a cada caso.

Aplicacións por sector

Por razóns obvias, o tipo de servizo que se ofrece está directamente relacionado coa enerxía e o desenvolvemento sustentable. A vinculación co sector de servizos públicos tamén é evidente, xa que a subministración de enerxía eléctrica é un servizo público. A relación co sector da construción e a enxeñaría civil xorde desde o momento en que as centrais de produción de enerxía son proxectadas e construídas no ámbito do devandito sector.

Finalmente, a relación coa produción industrial ten a ver con seleccionar, deseñar ou optimizar sistemas enerxéticos de acordo con criterios de sustentabilidade, cando unha empresa de produción industrial emprega sistemas enerxéticos que debe adquirir ou deseñar, ou ben, con maior razón, cando fabrica sistemas enerxéticos.


Construción e enxeñaría civil
Enerxía e desenvolvemento sostible
Produción industrial
Servizos públicos

Grupo de investigación

    • Grupo de Enxeñaría e Dirección de Proxectos
    • (GRIDP)

Responsable

  • Alfredo del Caño Gochi
  • Manuel Lara Coira
  • Juan Cartelle Barros
  • M. Pilar de la Cruz López

Contacta con nós

Última actualización

2019-06-18