MODESTO: Model Desgin Tool v1.0


Software para o deseño preciso e rápido de modelos reducidos a escala para ensaios en túnel de vento de capa límite.

Estado de protección da tecnoloxía

Rexistro nacional de software 03/2018/532: Modesto. Model Design Tool v1.0. Autores: Miguel Cid Montoya, Félix Nieto Mouronte e Santiago Hernández Ibáñez (Universidade da Coruña), 20/03/2018.

Que buscamos?

Este software é unha ferramenta chave para o deseño dos modelos reducidos a escala que se ensaian no túnel de vento de capa límite da Universidade da Coruña (UDC). No devandito túnel poden examinarse tanto pontes como edificios, torres de aeroxeradores ou calquera outra estrutura susceptible de sufrir efectos aerodinámicos ou aeroelásticos por efecto do vento. Este software é unha garantía de que os deseños das maquetas ensaiadas no túnel teñen a precisión óptima para obter os mellores resultados posibles nas probas.

E.T.S. de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos. Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil (CITEEC)

Descrición

Trátase dun programa informático escrito en Matlab que permite o deseño de modelos reducidos a escala para ensaios en túnel de vento de capa límite de forma automática e rápida.
O programa permite calcular as seccións transversais óptimas da espiña das maquetas para unha discretización e uns coeficientes de escala dados, así como a redistribución de masas da estrutura orixinal nos módulos de revestimento da maqueta. Conséguese reducir o tempo de deseño habitual destas maquetas de semanas a menos de media hora, grazas a unha interface que facilita a xestión dos proxectos.

Valores engadidos

O software permite crear deseños de modelos reducidos a escala de estruturas para realizar ensaios en túneles de vento de capa límite de forma rápida e precisa, superando os tediosos procedementos comunmente utilizados na maioría de túneles de vento do mundo, que requiren de maior dedicación e aumentan a probabilidade de cometer erros nos deseños.

Aplicacións por sector

O programa permite crear deseños de modelos reducidos a escala de calquera estrutura cuxo comportamento aeroelástico queira ser estudado mediante ensaios de túnel de vento de capa límite. A súa aplicación é inmediata no caso de estruturas relacionadas coa enxeñaría civil, como pontes de gran van; a arquitectura, como edificios de grande altura, ou da enerxía, como torres de aeroxeradores ou torres de refrixeración.


Construción e enxeñaría civil
Enerxía e desenvolvemento sostible

Grupo de investigación

    • Mecánica de Estruturas
    • (ME)

Responsable

  • Miguel Cid Montoya
  • Félix Nieto Mouronte
  • Santiago Hernández Ibáñez

Contacta con nós

Última actualización

2019-07-16