Módulo de trigonometría plana e esférica, ademais de navegación ortodrómica, para Octave


Conxunto de módulos GUI deseñados para Octave para a resolución de triángulos planos, triángulos esféricos e problemas de navegación ortodrómica.

Estado de protección da tecnoloxía

Solicitude de rexistro depositada el 23 de maio 2019, con número RPI: C-185-2019.

Que buscamos?

Proporcionar o seu uso de forma gratuíta aos alumnos do Grado en Náutica e Transporte Marítimo da UDC, sen prexuízo de que outra entidade pública ou privada poida estar interesada en adquirir esta tecnoloxía para a súa utilización.

Escola Técnica Superior de Arquitectura

Descrición

Octave é unha plataforma de software libre, moi similar ao programa comercial Matlab, para resolver problemas matemáticos. Permite a programación de alto nivel de módulos novos para solucionar tarefas específicas.

Neste contexto, decidimos programar módulos GUI para a resolución de todos os casos posibles de triángulos planos e esféricos, alén de problemas de navegación ortodrómica (barcos e avións viaxando sobre a superficie esférica da Terra polo camiño máis curto). Tamén poden aplicarse en toda aquela práctica que requira resolver triángulos, por exemplo, no problema clásico de navegación astronómica que é a resolución do triángulo de posición.

Disponse dun manual de usuario en formato PDF.

Valores engadidos

Estes programas foron inicialmente desenvolvidos para mellorar a formación dos alumnos da materia Matemáticas II do Grao en Náutica e Transporte Marítimo, na ETS de Náutica e Máquinas da UDC. Ao seren executables en Octave, que é un software gratuíto, non supoñen ningún gasto adicional ao noso alumnado que, así, pode comprobar dunha maneira rápida e segura os resultados dos fatigosos cálculos que ten que saber facer a man. Ora ben, poderían ser de utilidade noutros ámbitos tanto académicos como profesionais.

Aplicacións por sector

En cultura e educación, estes módulos poden servir para resolver de forma inmediata e segura todos os casos de triángulos planos (presentes no sector educativo, desde primaria) e esféricos (reservados a áreas específicas de titulacións universitarias ou similares: ensinanzas náuticas, astronomía, xeodesia, topografía, controladores aéreos etc.).

No sector naval, a resolución de problemas de navegación ortodrómica é fundamental. Exemplos típicos destes problemas son os seguintes:

  1. Coñecidas as coordenadas de orixe e destino, calcular a distancia e o tempo de navegación, así como o rumbo que debe tomarse na saída e aquel con que se ten que chegar;
  2. Coñecidas as coordenadas de orixe, a distancia que se navegará e o rumbo inicial, calcular as coordenadas a que se chega.

Tamén se resolven outras situacións menos típicas.


Cultura e educación
Sector naval

Grupo de investigación

    • Grupo de Modelización e Resolución de Modelos
    • (GMRM)

Responsable

  • Ángel Daniel Rodríguez Arós
  • María Teresa Cao Rial

Contacta con nós

Última actualización

2019-07-15