Nó autobloqueable para estruturas despregables


Trátase dun nó que admite a conexión de até catro barras. O nó permite o xiro de todas elas, até que atinxen unha posición en que este movemento queda bloqueado automaticamente.

Estado de protección da tecnoloxía

Patente con exame previo e número ES 2653648. Data de concesión: 08/08/2018.

Patente dispoñible en: http://hdl.handle.net/2183/21024

Que buscamos?

Búscanse empresas interesadas na licenza desta tecnoloxía.

Escola Técnica Superior de Arquitectura

Descrición

A invención consiste nun nó autobloqueable para estruturas despregables, que permite o movemento de xiro das barras conectadas mentres a estrutura se está a despregar. Cando as barras atinxen a posición de despregamento, o nó bloquea de forma automática o seu xiro para impedir que a estrutura volva encartarse. Así, non resulta necesaria a intervención manual en cada nó.

Valores engadidos

A principal vantaxe deste sistema radica en que o bloqueo automático evita a intervención humana en cada nó. Por outra parte, o bloqueo de cada unha das barras prodúcese con independencia do das demais barras conectadas ao nó. Este aspecto é fundamental para garantir o bloqueo de todas as barras, aínda que o seu despregamento non se produza ao unísono.
O desbloqueo realízase igualmente de forma moi sinxela, pois só se necesita desactivar mediante rotación un elemento elástico de retención.

Aplicacións por sector

O seu uso en arquitectura céntrase na área daquelas estruturas despregables e de rápida montaxe en que as barras deban realizar movementos de rotación durante o despregamento, pero os devanditos movementos teñan que quedar impedidos ao se despregar a estrutura completamente. No obstante, non se descarta o seu uso noutros campos, con calquera outro mecanismo que precise unha conexión autobloqueable entre bielas.


Construción e enxeñaría civil

Grupo de investigación

    • Grupo de Estruturas Arquitectónicas
    • (GEA)

Responsable

  • Juan Pérez Valcárcel
  • Manuel Muñoz Vidal
  • Isaac López César
  • Félix Suárez Riestra

Contacta con nós

Última actualización

2019-06-20