OCTA-APP: aplicación gráfica para o manexo de parámetros.


Software de apoio ao seguimento e ao diagnóstico en oftalmoloxía que se basea no tratamento de imaxes de anxiografía por tomografía de coherencia óptica (OCTA).

Estado de protección da tecnoloxía

Rexistro de software

Descrición

Este software detecta e mide de forma automática tanto a zona vascular como a zona avascular da fóvea nunha imaxe de tipo OCTA, nunha aplicación gráfica que vai permitir o seu uso de forma sinxela para los expertos oftalmólogos. Una correcta detección e medición destes parámetros axudará os expertos a detectar e realizar un seguimento de un gran número de patoloxías, como por exemplo a retinopatía diabética ou a oclusión da vea retiniana.

Valores engadidos

Dado que a OCTA é unha modalidade de imaxe moi recente, non se coñecen aplicacións gráficas totalmente automáticas para realizar o cálculo dos parámetros mencionados. Ademais, a estrutura da OCTA-APP permite a integración de novos módulos de forma sinxela, o que facilita incorporarlle novas funcionalidades gráficas e supón unha gran vantaxe.

O software desenvolveuse usando Python como linguaxe de programación. Ademais, utilizouse a librería de desenvolvemento de aplicacións gráficas PYQT.

Aplicacións por sector

O mercado a que se dirixe OCTA-APP céntrase no ámbito do procesado de imaxes oftalmolóxicas de retina, de modo que os seus demandantes potenciais son esencialmente estes:

  1. Hospitais e centros de saúde
  2. Clínicas oftalmolóxicas e laboratorios
  3. Fabricantes de equipos oftalmolóxicos de imaxe dixital
  4. Fabricantes de software médico
  5. Empresas distribuidoras de equipamento médico
  6. Grupos de investigación en oftalmoloxía

Saúde e benestar

Grupo de investigación

    • Grupo de Visión Artificial e Recoñecemento de Padróns
    • (VARPA)

Responsable

  • Manuel Francisco González Penedo
  • Marcos Ortega Hortas
  • Noelia Barreira Rodríguez
  • Jorge Novo Buján
  • José Rouco Maseda
  • Macarena Díaz González

Contacta con nós

Última actualización

2020-04-07