OCTA-DEN: aplicación gráfica para o manexo de parámetros.


Software de apoio ao seguimento e ao diagnóstico en oftalmoloxía que se basea no tratamento de imaxes de anxiografía por tomografía de coherencia óptica (OCTA).

Estado de protección da tecnoloxía

Rexistro de software.

Descrición

Permite detectar e medir de forma automática a densidade vascular da fóvea nunha imaxe de tipo OCTA. Unha correcta detección e medición deste parámetro axudará os expertos a detectar ou realizar un seguimento dun gran número de patoloxías, como a retinopatía diabética ou a oclusión da vea retiniana.

Dado que a OCTA é unha modalidade de imaxe moi recente, até o momento non se coñecen técnicas totalmente automáticas para calcular un parámetro como a densidade foveal. Ademais, a estrutura do software permite a integración de novos módulos de forma sinxela, o que facilita que se lle poidan engadir novas funcionalidades, unha gran vantaxe.

O software desenvolveuse usando Python como linguaxe de programación. Ademais, usouse a librería de visión artificial OpenCV.

Valores engadidos

O principal obxectivo deste software é proporcionarlle eficiencia e reprodutibilidade ao experto. A eficiencia permite procesar unha maior cantidade de imaxes en menos tempo, mentres que a reprodutibilidade garante o determinismo no resultado, con independencia de quen extraia as imaxes ou cando o faga.

Aplicacións por sector

O mercado a que se dirixe OCTA-DEN céntrase no ámbito do procesado de imaxes oftalmolóxicas de retina, de maneira que os seus demandantes potenciais son esencialmente estes:

  1. Hospitais e centros de saúde
  2. Clínicas oftalmolóxicas e laboratorios
  3. Fabricantes de equipos oftalmolóxicos de imaxe dixital
  4. Fabricantes de software médico
  5. Empresas distribuidoras de equipamento médico
  6. Grupos de investigación en oftalmoloxía

Saúde e benestar

Grupo de investigación

    • Grupo de Visión Artificial e Recoñecemento de Patróns
    • (VARPA)

Responsable

  • GONZALEZ PENEDO, MANUEL FRANCISCO
  • ORTEGA HORTAS, MARCOS
  • BARREIRA RODRÍGUEZ, NOELIA
  • NOVO BUJÁN, JORGE
  • ROUCO MASEDA, JÓSÉ
  • DIAZ GONZÁLEZ, MACARENA

Contacta con nós

Última actualización

2020-04-02