ParBiBit: Parallel Binary Biclustering


Software para detectar biclústeres sobre datos binarios en sistemas de memoria distribuída.

Estado de protección da tecnoloxía

Rexistro de software.

Que buscamos?

Búscanse empresas e centros de investigación con interese nesta tecnoloxía.

Facultade de Informática. CITIC

Descrición

ParBiBit é unha ferramenta paralela de minaría de datos que permite encontrar biclústeres en conxuntos de datos binarios. Recibe como entrada unha matriz bidimensional cos valores que debe estudar e devolve aqueles subconxuntos da matriz que están altamente ligados.

O biclustering de datos úsase en diferentes áreas de coñecemento, como poden ser a xenética (para determinar os xenes que están ligados a certas enfermidades) ou a socioloxía (onde permite a creación de grupos de persoas próximas de acordo cos seus intereses). ParBiBit é unha paralelización da ferramenta BiBit que utiliza procesos de MPI e fíos de C++11 para explotar as capacidades computacionais dos sistemas multinúcleo.

Valores engadidos

A gran vantaxe de ParBiBit sobre o estado da arte é que pode executarse sobre máquinas de memoria distribuída como clústeres ou supercomputadoras para acelerar os cálculos.

Aplicacións por sector

Tanto no campo das finanzas como da bioloxía, esta ferramenta permite a detección de padróns nos datos, de cara a obter información relevante dos devanditos padróns.


Economía e finanzas
Saúde e benestar
TIC

Grupo de investigación

    • Grupo de Arquitectura de Computadoras
    • (GAC)

Responsable

  • Jorge González Domínguez
  • Roberto Rey Expósito

Contacta con nós

Última actualización

2019-07-16