Procedemento de obtención dunha mestura bituminosa (4H-mix)


Procedemento de fabricación dunha mestura bituminosa en quente que permite incorporar até un 30% de árido reciclado procedente de residuos de construción e demolición.

Estado de protección da tecnoloxía

Patente concedida con data do 04/08/2014. Data de publicación no BOPI: 11/08/2014.

Que buscamos?

Búscanse empresas interesadas na licenza desta tecnoloxía.

Así mesmo, o equipo desexa que se algunha empresa ten interese en incluír nas súas ofertas a licitacións de obras a posibilidade de utilizar esta patente (pagando o correspondente canon no suposto de ser adxudicataria), poida facelo.

Descrición

Procedemento de fabricación dunha mestura bituminosa en quente a que se incorpora árido reciclado procedente de residuos de construción e demolición. Para mellorar a súa sensibilidade á auga déixase curar 4 h en estufa á temperatura de mestura, antes de compactala.

Esta invención pode estar especialmente indicada ben en localizacións cun exceso de residuos de construción e demolición, ben naquelas en que o árido natural sexa escaso.

Determinación do módulo resiliente dunha probeta de mestura bituminosa con árido reciclado fabricada mediante o procedemento descrito.

Valores engadidos

Este método de fabricación de mesturas bituminosas en quente permite substituír até un 30% do árido natural necesario por un árido reciclado procedente de residuos de construción e demolición. A substitución debería facerse na fracción grosa (tamaño superior a 2 mm).

Aplicacións por sector

Esta mestura bituminosa pode utilizarse como capa de base de firmes de estradas.


Construción e enxeñaría civil

Grupo de investigación

    • Estradas, Xeotecnia e Materiais
    • (GMC)

Responsable

  • Ana María Rodríguez Pasandín
  • Ignacio Pérez Pérez

Contacta con nós

Última actualización

2021-12-13