Procesos de intervención urbanística e arquitectónico-residencial que atenden á responsabilidade social derivada da sustentabilidade-accesibilidade funcional e espacial, a perspectiva de xénero e a biofilia


Avaliación de proxectos e realizacións urbanas e arquitectónico-residenciais. Asesoría nas fases de información, diagnose e proposición referidas a intervencións urbanas e arquitectónicas centradas na sustentabilidade-accesibilidade funcional e espacial, a perspectiva de xénero e a biofilia.

Estado de protección da tecnoloxía

Non se considera.

Que buscamos?

Búscanse empresas interesadas:

  1. na elaboración de guías e manuais para incorporar a responsabilidade social urbana e arquitectónica;
  2. o desenvolvemento de aplicacións informáticas para a información urbana e arquitectónica en áreas consolidadas;
  3. o deseño de intervencións arquitectónicas e urbanas innovadoras.

Escuela Técnica Superior de Arquitectura

Descrición

A aplicación da responsabilidade social no ámbito urbano e arquitectónico-residencial compete ás intervencións tanto na cidade consolidada como en áreas de desenvolvemento. Este concepto leva implícita a incorporación de aspectos socialmente novidosos, como a sustentabilidade-accesibilidade funcional e espacial, a perspectiva de xénero e a biofilia, responsables da calidade das solucións urbanas e arquitectónicas, de maneira complementaria á calidade construtiva e os acabados, aínda que tamén con independencia deles.
En relación con estes aspectos, a achega da UDC concrétase nos seguintes apartados:

a) Elaboración de:

  • programas de necesidades e funcionais para desenvolvementos urbanos (espazo público e planeamento) e/ou edificatorios de carácter residencial
  • propostas urbanas e arquitectónicas socialmente innovadoras.

b) Asesoramento:

  • na fase preliminar, con guías para a información e a diagnose
  • nas fases de proxecto, con guías de boas prácticas.

c) Avaliación, a partir de indicadores específicos:

  • do planeamento e deseño urbano
  • de proxectos arquitectónicos residenciais.

d) Formación de persoal en responsabilidade social urbana e arquitectónica, por medio de obradoiros e seminarios.

Outra información de interese:

www.mccl.es
www.udc.gal/gausmaga

Publicacións:
2016: La casa. Piezas, ensambles y estrategias. Málaga, Recolectores Urbanos.
2015: «Parametrizar y sistematizar, o cómo incorporar la perspectiva de género en el diseño urbano». Relatorio presentado na III Xornada Universitaria Galega en Xénero (5 de xuño de 2015, Pontevedra).
http://hdl.handle.net/2183/17452; https://tv.uvigo.es/video/5b5b4a7f8f42089948eefdbd
2014: «Edificacións sostibles», en VV. AA. Constrúe en Verde. Proxecto Tangram. Pontevedra, Gráficas Anduriña.
http://hdl.handle.net/2183/20762

Valores engadidos

Abórdanse os aspectos sociais desde ámbitos técnicos e deséñanse padróns espaciais e funcionais, xeométricos e dimensionais. Desenvólvense ferramentas de avaliación obxectiva do planeamento de escala media e as intervencións residenciais (sustentabilidade-accesibilidade, perspectiva de xénero, biofilia) a través de indicadores funcionais, xeométricos e espaciais, superando os supostos teóricos difíciles de interpretar e aplicar na práctica.

A aplicación da responsabilidade social desde aspectos técnicos fornece un distintivo de calidade arquitectónica e incide nas boas prácticas medioambientais urbanas e edificatorias: a renovación da cidade consolidada, a recuperación do parque residencial existente ou a implementación de infraestruturas para a vida cotiá (centros de conciliación familiar, atención a anciáns e a vítimas de violencia…).

Aplicacións por sector

No sector da construción e a enxeñaría civil a aplicación afecta ao espazo público e os desenvolvementos edificatorios residenciais, o que evidencia a responsabilidade social inherente a eles. Falamos de desenvolvementos urbanos e arquitectónicos concretos, consistan en planeamento de desenvolvemento, proxectos de urbanización ou edificación residencial.

Exemplo: a mellora das vivendas ao revisar os seus programas funcionais e as súas superficies, introducindo áreas para o estudo e/ou o teletraballo, ou superficies para o ciclo da roupa ou a almacenaxe en áreas comúns do edificio (carros da compra, cadeiras de rodas autónomas, carros de bebés).

As repercusións no medio ambiente amósanse a través do crecemento urbano, dos procesos de renovación e da mobilidade. Variables como a perspectiva de xénero e a biofilia comportan, entre outros aspectos, unha mellora do transporte público, a introdución de áreas verdes e arboradas, ou o emprego de pavimentos permeables. Por outra banda, as melloras ambientais incrementan o confort físico e psicolóxico, e inflúen no benestar e a saúde das persoas.

Xorden con isto tamén infraestruturas para a vida cotiá, como servizos públicos que facilitan a vida persoal e familiar. Materialízanse en centros de conciliación familiar, de atención á vellez ou ás vítimas da violencia de xénero; comedores colectivos; ou outros que atenderán necesidades colectivas sen resolver.


Construción e enxeñaría civil
Medio ambiente
Saúde e benestar
Servizos públicos

Grupo de investigación

    • Grupo de Arquitectura e Urbanismo Sostible
    • (GAUS)

Responsable

  • María Carreiro Otero
  • Cándido López González
  • Mónica Mesejo Conde
  • Eduardo Caridad Yáñez
  • Paula Fdez-Gago Longueira
  • Inés Pernas Alonso

Contacta con nós

Última actualización

2019-06-19