Programa para avaliar a percepción da implicación familiar nas tarefas académicas.


Ferramenta que avalía a percepción que teñen os estudantes da implicación familiar nas tarefas académicas que deben acometer.

Estado de protección da tecnoloxía

Rexistrouse como programa de ordenador a través da UDC.

Que buscamos?

Búscanse empresas ou entidades interesadas.

Facultade de Ciencias da Educación

Descrición

O programa consta de 22 reactivos agrupados en catro dimensións: axuda dos pais coas tarefas académicas no fogar; interese dos pais polos progresos académicos dos fillos; expectativas dos pais sobre as capacidades dos seus fillos; e, por último, grao de satisfacción cos resultados académicos dos fillos. Pode aplicarse de modo individual ou colectivo, desde 5º de educación primaria até 4º de educación secundaria obrigatoria (ESO).

Valores engadidos

É un programa que ofrece unha valoración rápida e efectiva da percepción que teñen os estudantes da implicación familiar nos seus estudos. A súa principal vantaxe é que fornece información específica sobre como perciben a devandita implicación nas tarefas académicas, o que permite diferenciar formas de implicación parental máis ou menos adaptativas, cuxo coñecemento posibilitará deseñar programas eficaces para mellorar a implicación familiar.

Aplicacións por sector

O programa ten unha potencial aplicación no ámbito da educación, especialmente naqueles aspectos vinculados coas relacións familia-escola, en canto a como perciben os estudantes a implicación familiar nas súas tarefas académicas.


Cultura e educación

Grupo de investigación

    • Grupo de Investigación en Psicoloxía Educativa
    • (GIPED)

Responsable

  • Antonio Valle Arias
  • Susana Rodríguez Martínez
  • Isabel Piñeiro Aguín
  • Bibiana Regueiro Fernández
  • Iris Estévez Blanco
  • Tania Vieites Lestón
  • Carolina Rodríguez Llorente

Contacta con nós

Última actualización

2020-01-08