Sampling Campaigns for Aerosols in the Low Atmosphere (SCALA)


O software SCALA está deseñado para xestionar campañas de mostraxe de aerosois atmosféricos de xeito integral: desde a convocatoria destas campañas e os acordos sobre elas até a análise de datos intra e intercampañas, pasando pola subida de datos.

Estado de protección da tecnoloxía

Software protexido, a través da Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación (OTRI) da Universidade da Coruña (UDC), mediante rexistro da propiedade intelectual e licenza con empresa privada (Álava Ingenieros, SA).

Que buscamos?

A nosa intención é ampliar esta versión do software para considerar máis tipos de equipos, datos e análises. Así mesmo, seguiremos á procura de empresas ou organismos interesados neste software como ferramenta de apoio ao seu traballo cotián.

Centro de Investigacións Científicas Avanzadas,Facultade de Ciencias

Instituto Universitario de Medio Ambiente. Facultade de Informática. CIEMAT

Descrición

Nos últimos anos a contaminación atmosférica converteuse nun fenómeno de grande interese no ámbito mundial, debido aos seus efectos na saúde da poboación e a como afecta á calidade do aire e ao clima. Xorden así diferentes grupos de investigación e traballo en distintos países co obxectivo de realizar estudos e medicións dos distintos contaminantes atmosféricos en diversos escenarios, para comparar os resultados obtidos e construír bases de datos con información que permita analizar o estado da cuestión.

SCALA é un software que dá soporte a estas actividades, ao asistir a quen del se sirva nas tarefas de convocatoria das campañas de mostraxe, construción dun repositorio de datos ambientais e análise de tales datos. Até o desenvolvemento do dito software, non existía ningunha ferramenta de tal tipo e que abranguese o proceso completo desta clase de campañas.

Proceso de desenvolvemento, funcionalidades básicas do software e caso de estudo publicados no artigo «Web Application for Atmospheric Aerosol Data Management: Software and Case Study in the Spanish Network on Environmental Differential Mobility Analysers» (DOI: 10.3390/atmos10050279).

Valores engadidos

Permite a xestión integral, nunha única aplicación, de todo o ciclo de vida dunha campaña de mostraxe de aerosois atmosféricos: aviso da convocatoria, acordo do lugar e a data en que terá lugar, apertura da campaña e alta de grupos, equipos e configuracións, subida de datos á ferramenta SCALA, peche da campaña e análise de datos tanto intra como intercampañas.

Aplicacións por sector

Para xestionar campañas de mostraxe sobre aerosol atmosférico de xeito integral: convocatoria e acordos sobre as campañas, subida de datos e análise de datos intra- e inter- campañas.


Medio ambiente

Grupo de investigación

    • Laboratorio de Inxeñería do Software
    • (ISLA)
    • Química Analítica Aplicada
    • (QANAP)
    • Centro de Investigaciones Energéticas, Medioambientales y Tecnológicas
    • (CIEMAT)

Responsable

  • Javier Andrade Garda
  • Sonia María Suárez Garaboa
  • Purificación López Mahía
  • María Piñeiro Iglesias
  • Antonio Álvarez Rodríguez
  • Begoña Artíñano Rodríguez de Torres
  • Francisco Javier Gómez Moreno

Contacta con nós

Última actualización

2019-07-16