Sirius: Ferramenta para o cálculo automático do índice arteriovenoso.


Grazas a esta ferramenta pode calcularse de forma automática o índice arteriovenoso como indicador de hipertensión arterial na retina.

Estado de protección da tecnoloxía

Rexistro de software C-235-2013, con data de solicitude: 05/11/2013. Existen, ademais, dúas patentes concedidas o 08/01/2013 e o 15/01/2013, respectivamente cos números US8351669 e US8355544.

Descrición

Nunha boa parte dos pacientes hipertensos detéctanse alteracións temperás na microcirculación da retina, o que fai necesario un método obxectivo para cuantificalas.

Esta tecnoloxía propón un método automático ou semiautomático, computarizado, para avaliar o calibre dos vasos sanguíneos mediante a análise automática de imaxes da retina, que demostrou ter alta sensibilidade e especificidade para calcular o cociente arteriovenoso (AVR), chave para o diagnóstico da hipertensión arterial na retina.

Valores engadidos

Permite un diagnóstico máis rápido, máis específico e máis obxectivo, que evita os posibles erros debidos ao factor humano.

Aplicacións por sector

Esta tecnoloxía pode utilizarse para o diagnóstico da retinopatía diabética, a hipertensión e a dexeneración macular.


Saúde e benestar
TIC

Grupo de investigación

    • Grupo de Visión Artificial e Recoñecemento de Padróns
    • (VARPA)

Responsable

  • Manuel Francisco González Penedo
  • Marcos Ortega hortas
  • María Noelia Barreira Rodríguez
  • Sonia González Vázquez
  • Jorge Novo Buján
  • Brais Cancela Barizo

Contacta con nós

Última actualización

2020-04-07