Sistema estrutural despregable de arcos e bielas esvaradíos


Trátase dunha estrutura de cuberta con cerramento téxtil que pode repregarse ou estenderse rapidamente. Resulta adecuada para cubrir piscinas, pistas de pádel, parques infantís, espazos para eventos ou calquera outra zona acoutada que deba resgardarse das continxencias meteorolóxicas temporal ou permanentemente.

Estado de protección da tecnoloxía

Patente con número ES 2588200. Data de concesión: 16/05/2017

Patente dispoñible en: http://hdl.handle.net/2183/20985.

Que buscamos?

Búscanse empresas interesadas na licenza desta tecnoloxía.

Escola Técnica Superior de Arquitectura

Descrición

A invención consiste nunha estrutura pregable composta a base de arcos que son portadores dunha cuberta téxtil. Os devanditos arcos ou pórticos poden esvarar por un carril de rodaxe no caso de estruturas grandes, ou sen carril, no caso de estruturas de tamaño máis reducido.

A solución permite cubrir e descubrir en poucos minutos recintos tales como piscinas, pistas deportivas, zonas infantís de xogo, espazos para a realización de eventos etc., de tal forma que poidan estar en uso con independencia das condicións climatolóxicas de cada momento.

Valores engadidos

Entre as vantaxes deste sistema poden citarse as seguintes:

  1. A rapidez de apertura e peche.
  2. A posibilidade de que o movemento da cuberta sexa manual ou
  3. O uso dun único carril de rodaxe, no caso de que fose
  4. A lixeireza da cuberta.
  5. A sinxeleza do seu funcionamento e a simplicidade dos compoñentes utilizados, o que reduce a posibilidade de fallo do sistema.
  6. E, por último, a estética do conxunto, que resulta moito máis atractiva e integradora que a das solucións existentes actualmente.

Aplicacións por sector

O seu uso preferente terá lugar no sector da construción e a enxeñaría civil. Porén, é posible empregar tamén esta tecnoloxía no ámbito da agricultura, onde se están a estender, cada vez máis, os invernadoiros tecnificados. O sistema de arcos con cuberta flexible e motorizada posibilita esta utilización como invernadoiro, capaz de cubrirse e descubrirse automaticamente mediante o control informatizado das condicións climatolóxicas en cada instante.


Agricultura e silvicultura
Construción e enxeñaría civil

Grupo de investigación

    • Grupo de estructuras arquitectónicas
    • (GEA)

Responsable

  • Javier Estévez Cimadevila
  • Isaac López César
  • Araceli López Rodríguez

Contacta con nós

Última actualización

2019-06-20