Sólidos híbridos para ecorrefrixeración, SHECOOL.


O grupo sintetizou unha serie de novos materiais sólidos que mostran un efecto calórico grande cando son sometidos a presión externa. Polas súas características físico-químicas, poden ser utilizados en tecnoloxías de refrixeración como material de arrefriado.

Estado de protección da tecnoloxía

Solicitouse unha patente española: P201731260, con data do 26 de outubro de 2017; e unha extensión: PCT PCT/ES2018/070698, con data do 26 de outubro de 2018.

Que buscamos?

Na actualidade estase a traballar nun prototipo de refrixeración que inclúa estes materiais sólidos. Por tanto, búscanse empresas de refrixeración interesadas en desenvolver e/ou vender novos dispositivos de refrixeración libres de gases de efecto invernadoiro co obxectivo de colaborar co grupo neste desenvolvemento.

Tamén se podería sintetizar material a grande escala (da orde de decenas de quilogramos) para vender a empresas interesadas en desenvolver dispositivos de refrixeración baseados nestes materiais sólidos.

Descrición

Esta tecnoloxía está relacionada coa síntese de materiais sólidos denominados híbridos orgánico-inorgánicos, cun efecto calórico grande cando son sometidos a presión externa. Estes materiais pertencen á familia de materiais mecanocalóricos e poden ser utilizados en tecnoloxías de refrixeración como material de arrefriado.

Tradicionalmente, os materiais mecanocalóricos son considerados como unha prometedora alternativa para substituír os gases de efecto invernadoiro que se usan na actualidade nos sistemas convencionais de refrixeración.

O grupo sintetizou unha serie de novos materiais flexibles (debido a un compoñente orgánico e unha estrutura cristalina con empaquetado hexagonal) que teñen un efecto calórico similar (ou incluso superior) aos materiais tradicionais, e que necesitan presións tan baixas como 70 bar para refrixerar.

Valores engadidos

Estes materiais poderían substituír a los gases de efecto invernadoiro que utilizan hoxe en día a maioría das tecnoloxías de refrixeración (neveiras, máquinas de aire acondicionado etc.) e que serán prohibidos en Europa a partir de 2020 (Regulamento (UE) n.º 517/2014). Tamén poderían usarse en novas tecnoloxías de refrixeración de téxtiles, aparatos electrónicos etc.

As principais vantaxes que presentan fronte aos gases de uso tradicional son as seguintes:

  1. Efecto calórico similar (ou incluso superior) aos materiais tradicionais.
  2. Necesitan presións moi baixas, 70 bar, para refrixerar, fronte aos 1000 bar que necesitan os convencionais.
  3. Non presentan tanto risco de contaminación.

A maioría destas máquinas traballan hoxe con gases refrixerantes tóxicos ou contaminantes, químicos perigosos (amoníaco, NH3), ou gases de efecto invernadoiro (hidroclorofluorocarbonos, HCFC, e hidrofluorocarbonos, HFC). Así, calquera fuga, rotura ou inadecuada xestión dos residuos ao final da vida útil da máquina supón un perigo para o medio. Estes novos materiais, ao ser sólidos, non presentan este risco, pois non escapan á atmosfera.

  1. Os métodos de síntese que se utilizaron para obter estes materiais son sinxelos, rápidos, economicamente accesibles e escalables.

Aplicacións por sector

Estes materiais poderían substituír os gases de efecto invernadoiro que utilizan hoxe en día a maioría das tecnoloxías de refrixeración (neveiras, máquinas de aire acondicionado etc.).

Tamén poderían utilizarse en novas tecnoloxías de refrixeración de téxtiles, aparatos electrónicos, climatización en vivendas, automóbiles etc.


Alimentación
Enerxía e desenvolvemento sostible
industria da refrixeración
Medio ambiente
Produción industrial
Tecnoloxías da auga

Grupo de investigación

    • Química Molecular e de Materiais (QUIMOLMAT)
    • Propiedades Térmicas e Reolóxicas de Materiais (PROTERM)

Responsable

  • María Antonia Señarís Rodríguez
  • Juan M. Bermúdez
  • Socorro Castro
  • Manuel Sánchez Andújar
  • Alberto García Fernández
  • Ramón Artiaga
  • Jorge José López Beceiro

Contacta con nós

Última actualización

2020-01-22