Buscador de tecnoloxías

CURVAS é un software para o campo da oftalmoloxía que se basea no tratamento de imaxes de retinógrafo. Permite obter de forma automática valores de curvatura vascular, unha variable ligada a alteracións na microcirculación, a partir dunha imaxe dixital do fondo do ollo.


Algúns sectores de aplicación:

Áreas de coñecemento:

Software intermedio que actúa como servidor DICOM e escoita os pedimentos de impresión dun servidor PACS, unha modalidade ou unha estación de traballo, para reenvialos a una impresora convencional. .

A nosa invención é un dispositivo de autotensado automático para forxados e vigas formado por un sistema de bielas articuladas. O devandito sistema aplica unha compresión excéntrica de magnitude variable, en función da carga, nos extremos da peza. Esta carga excéntrica mellora o comportamento do elemento estrutural desde o punto de vista tanto da resistencia como das deformacións.


Algúns sectores de aplicación:

Áreas de coñecemento:

Servizo web para xerar información xeográfica de forma colaborativa e analizala sobre mapas en tempo real.

Catálogo de enzimas modificados xeneticamente e enzimas illados de ambientes termófilos para o seu uso na industria agroalimentaria, farmacéutica e medioambiental.

Trátase dunha estrutura de cuberta con cerramento téxtil ou ríxido que pode repregarse ou estenderse rapidamente. Resulta adecuada para a cobertura de piscinas, pistas de pádel, parques infantís ou espazos para eventos, e en xeral para calquera outro espazo que necesite ser cuberto ou descuberto.

Áreas de coñecemento:

Sistema estrutural despregable conformado por un conxunto de barras articuladas e nós que permiten estealo sen a intervención de elementos auxiliares, e que o dotan asemade da necesaria estabilidade.


Algúns sectores de aplicación:

Áreas de coñecemento:

Dispositivo baseado nunha cadea de bloques (blockchain) que permite a monitorización, a identificación, o posicionamento e o control dun dispositivo, equipamento ou produto.

Áreas de coñecemento:

Etiquetado de textos para a súa conservación e manipulación en formato electrónico.


Algúns sectores de aplicación:

Áreas de coñecemento: