Procedemento de obtención dunha mestura bituminosa (ECL-mix)


Procedemento de fabricación dunha mestura bituminosa en quente que permite incorporar até un 30% de árido reciclado procedente de residuos de construción e demolición.

Estado de protección de la tecnología

Patente concedida con data do 04/08/2014. Data de publicación no BOPI: 11/08/2014.

¿Qué buscamos?

Búscanse empresas interesadas na licenza desta tecnoloxía.

Así mesmo, o equipo desexa que se algunha empresa ten interese en incluír nas súas ofertas a licitacións de obras a posibilidade de utilizar esta patente (pagando o correspondente canon no suposto de ser adxudicataria), poida facelo.

Descripción

Procedemento de obtención dunha mestura bituminosa en quente. En primeiro lugar, o árido reciclado preenvólvese cunha emulsión bituminosa de rotura lenta e déixase repousar até que se completa a rotura da emulsión. A continuación, o árido reciclado así preenvolto úsase para fabricar unha mestura bituminosa, en que se substitúe parte do árido necesario por árido reciclado preenvolto nunha porcentaxe de até un 30% da fracción grosa.

Os inventores descubriron que envolver previamente o árido reciclado cunha emulsión bituminosa de rotura lenta favorece sorprendentemente a súa posterior adherencia co betume. Ademais reduce as vías de entrada de auga no árido reciclado, ao ser a emulsión bituminosa moi fluída e, por tanto, ter facilidade para acceder a todos os poros do árido reciclado.

Esta invención pode estar especialmente indicada ben en localizacións cun exceso de residuos de construción e demolición, ben naquelas en que o árido natural sexa escaso.

Detalle do árido reciclado preenvolto nunha emulsión bituminosa, cando xa se produciu a rotura desta.

Valores añadidos

Este método de fabricación de mesturas bituminosas en quente permite substituír até un 30% do árido natural necesario por un árido reciclado procedente de residuos de construción e demolición. A substitución debería facerse na fracción grosa (tamaño superior a 2 mm).

Aplicaciones por sector

Esta mestura bituminosa pode utilizarse como capa de base de firmes de estradas.


Construcción e ingeniería civil

Grupo de investigación

    • Estradas, Xeotecnia e Materiais
    • (GMC)

Responsable

  • Ana María Rodríguez Pasandín
  • Ignacio Pérez Pérez

Contacta con nosotros

Última actualización

2021-12-13